A agrupación cultural Xeitura foi creada no ano 1993 na A.P.A. do colexio de Ricardo Tobio de Esteiro. Hoxe en día, xa desvinculados da APA, somos os rapaces coa axuda dos pais, os que traballamos para seguir adiante.
Na actualidade, o grupo está formado por 32 compoñentes de idades comprendidas entre os 5 e 60 anos.
Os ensaios realízanse durante todo o ano co profesor de música, canto e baile, Pablo Seoane.
Facendo unha breve historia, participa en festas populares do noso contorno; programas culturais promovidos pola deputación e os concellos. En outubro de 1998 participou na XVIII Exposición Filatélica Internacional Forum da Maia (Portugal); no ano 1998 ó 2000 asistíu no programa da TVG Galeguidade; Representou ó concello de Muros na expo barbanza 99; participou no festival folclórico Santiago Apostol 2000 no concello de Carpio del Tajo (Toledo); e por último o grupo de música actuou xunto co grupo folclórico Aires da Dorna (Ribeira) no 2003 na cidade de Ceuta.
